O noso proxecto

Un monte vivo axuda a regular o ciclo da auga e o clima, fabrica osíxeno e retira dióxido de carbono da atmósfera , controla as inundacións, evita a erosión e retén o chan fértil, oferece ao habitante madeira, alimentos, medicamentos e outros variados recursos naturais.

Repoboación, forestación son conceitos demasiado economicistas que deixamos no camiño no noso proxecto; pretendemos unha restauración forestal integral das zonas afectadas, un proceso de base ecolóxica sensíbel ambiental e socialmente, onde se teña en conta a triple función ecolóxica, económica e social do monte.

No proxecto "apadriña unha árbore" terán collida actividades de prantación de árbores e arbustivas adaptadas á zona (especialmente frondosas) . Non menos importante son actividades complementarias que pretendemos coa restauración do medio : Fomento da flora de interese melífera para reactivar a cabana apícola , selvicultura de compoñente ecolóxica , flora recendente e mediciñal , cogumelos , sistemas silvopastorais , restauración de espazos ripícolas , roteiros de sendeirismo …

Cun horizonte temporal inicial de 25 anos , e con clara de idea de retroalimentación , os primeiros beneficios xerados coas actividades implementadas , iran-se investindo a posteriori , e de xeito porcentual , no proxecto de restauración , co fin de que novas zonas danadas se poidan ver favorecidas das medidas de restauración feitas anteriormente nas zonas piloto do proxecto .

PROCURAR

¿Qué significa apadriñar unha árbore? Ensinaremosche como axudar á restauración do monte

Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística