
A Asociación Colectivo Remonte nace no Concello de Padrón en Outubro do 2006, como resposta dun grupo de amigos vencellados ao medioambiente para aportar solucións á vaga de incendios que sofreo o noso espazo natural mais inmediato . Somos unha asociación sen ánimo de lucro , rexistrada , con domicilio social en Rúa As Travesas, 9 de Padrón e pretendemos un gran proxecto de recuperación ambiental e social da zona afectada , educando sobre a importancia dos valores naturais e tentando estabelecer un novo espazo natural multifuncional onde todas as actividades ecolóxicas , económicas e sociais teñan collida .
Coa tua axuda e as aportacións obtidas , encarregaremos-nos de levar a bo termo as actividades necesarias de mantemento e recuperación do monte , de educación e concienciación social , sempre vencellando ao cidadán , principal elemento integrador , co medio rural.
De todas as actividades que se fagan estarás pontoalmente informado , e terás a oportunidade de participar in situ nelas.
Asociación “COLECTIVO REMONTE”
RUA AS TRAVESAS, 9 – 15900 PADRON (A CORUÑA)
15900 A CORUÑA - ESPAÑA
Tlf: +34 667 55 67 40
Fax: +34 981 81 03 82
E-mail: info@montegalego.org
Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística